Hoxe en día, moita xente ten un traballo sedentario e por iso queren practicar un deporte no seu tempo libre. O tenis é un dos máis completos e tamén pode ser o máis divertido se desexa atoparse con outras persoas para xogar un partido de vez en cando. Nas pistas municipais de Pedra Mámoa en Negreira, e nas de Aldea Nova en Bertamirans, ofrecemos clases de luns a sabado dirixidas a todos os niveis de xogo. Temos clases dunha hora e outras de hora e media, para aqueles que busquen unha maior intensidade na pista. E un completo programa de actividades divertidas ao longo dos doce meses do ano.