E as obras comezaron …
Hoxe, o 7 de marzo de 2019 fun visitar os traballos das novas pistas do concello de Ames sitas en aldea nova, e cal foi a miña sorpresa o ver o adiantadas que iban as obras. Logo de falar cun dos operarios , confirmoume que a principios de abril, e sempre dependendo do clima, as pistas poderían estar rematadas, pero non a iluminación que foi aduxidicada a outra empresa. De todos os xeitos, esta é unha gran noticia que nos anima a seguir soportando as malas condicións nas que estamos a traballar actualmente, pero por fin vemos a luz ao final do túnel.