Este domingo 15/09/2019 celebráronse as finais do segundo torneo de tenis do Concello de Negreira nas instalacións de Pedramamoa, con 2000 € en premios.

             Nesta segunda edición incrementáronse as categorías, xa que o ano pasado só había unha categoría absoluta e este ano abríronse as categorías absoluta, +35 e cadete, todas nas modalidades masculina e feminina. Aínda que finalmente só se disputaron as categorías absolutas masculina e feminina e a categoría +35 masculina.

             Este ano repetiron vitoria na categoría absoluta masculina Roberto Menendez Ferré nº 50 do ránking nacional, que xunto con Rodrigo Figueroa nº 88, deron un gran espectáculo na final que se xogou preto das 12:30 horas. nas instalacións municipais de Pedramamoa.

            Na categoría feminina Adriana Subias nº 92 do ranking nacional venceu a unha combativa Paula Casares nº 278 nunha final que comezou ás 11:00 horas. e que contou coa presenza dun xuíz de cátedra con cualificación nacional, esencial nos torneos con premios en metálico.

             Na categoría masculina +35, o xogador local Carlos Suárez fíxose coa proba que debería levar o seu nome polo corazón deste xogador no club de tenis Negreira, vencendo a Javier Penide que dende a provincia de Ourense trasladouse a Negreira a Goza desta competición e chega á final despois de eliminar ao seminario Jesús Becerra nas semifinais.

           Destacar as accións de xogadores como Iago Dominguez ou José Ageitos que loitaron as súas semifinais a pesar de non obter un resultado positivo que lles dera acceso á final.

            E non podemos esquecer a ilustres xogadores de negreira como Chito Mariño, Jose Manuel Lorenzo, Daniel Guzman, Suso Tato, Javier Valledor, Alfredo Atrio, Juan Jose Mesejo, Eugenio Dominguez ou Pablo Nimo.

Podes ver todas as fotos a continuación