O clube de tenis Ames chega a un acordo co club de tenis Negreira e co seu concello para trasladar os seus alumnos para que adestren e participen representado o clube de tenis Negreira.

A cambio o concello permite o antigo clube de tenis Ames, ahora escola de tenis FF Raquet Sport, a utilizción das pistas municipais de Pedramamoa para desenrolar os seus adestramentos e actividades co fin de activar o tenis no concello e levantar o clube de tenis Negreira, formando equipos federados en todas ás categorías posibles.

Un dos requisitos que solicitaba a nova escola de tenis, era a posibilidade de utilizar duas pistas o mesmo tempo durante os adestramentos, para facilitar aos pais con máis de un neno na escola, que puidera conciliar o tenis coa vida familiar poñendo aos seus fillos a adestrar no mesmo horario ainda que en niveis diferentes.